26/07/2010
Finalizada a rehabilitación do río Sil ao seu paso polo municipio de Cabrillanes (León)
O Goberno de España, a través do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (MARM) e a Confederación Hidrográfica do Miño – Sil (CHMS), ven de rematar as obras de rehabilitación do río Sil no municipio leonés de Cabrillanes.
Esta actuación, incluída no proxecto de Actuacións de Restauración, Rehabilitación e Uso Público das Marxes dos Ríos da Bacía Miño – Sil na Comunidade Autónoma de Castela e León, supuxo unha inversión de 221.297,51 euros. As obras executáronse no tramos do río Sil comprendido entre os pobos de Vega de Viejos e La Cueta, e en dous pequenos afluentes que chegan a citadas localidades. A lonxitude total da zona sobre a que se traballou é de aproximadamente 8.200 metros.
A Confederación Hidrográfica do Miño – Sil procedeu á realización de tratamentos silvícolas, á retirada de restos vexetais e ao desbroce selectivo da vexetación de ribeira, eliminando o exceso de matorral pero respetando os mellores exemplares arbóreos sobre os que se aplicou unha poda de formación.
Grazas a estes traballos, evitaranse posibles inundacións xa que, antes da actuación, en moitos puntos do tramo referido, a vexetación aparecía sobre a bacía, invadindo as marxes do río e favorecendo a retención de restos vexetais formando tapóns que interrompían a continuidade lonxitudinal do río.