22/07/2010
Confederación Hidrográfica do Miño – Sil remata os traballos de rehabilitación e mellora do uso público no río Cúa e o arroio Vega del Rey ao seu paso por Cacabelos (León)
O Goberno de España, a través do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (MARM) e a Confederación Hidrográfica do Miño – Sil (CHMS), rematou as obras de rehabilitación e mellora do uso público do río Cúa ao seu paso por Villabuena, e a actuación de reparación dos danos causados polas crecidas dos últimos meses no arroio Vega del Rey, ambas no municipio leonés de Cacabelos.
Estas obras supuxeron unha inversión de máis de 200.000 euros.
Renaturalización do arroio Vega del Rey
Os traballos realizados por esta administración hidráulica, e cuxa inversión superou os 35.000 euros, consistiu na reconstrución e revexetación dos taludes afectados polas fortes choivas dos últimos meses, cambiando as instalacións de bioenxeñería danadas.
A Confederación Hidrográfica do Miño – Sil deseñou un método de protección e estabilización para cada unha das marxes do Cúa. Na zona da praia fluvial construíuse unha protección consistente nun pé de escollera de escasa altura para protexer as marxes do golpeteo da auga, e colocouse biorrollo ata a parte máis alta que se protexeu cunha manta orgánica. A longo prazo, espérase que a propia vexetación complete a estabilización do talude.
Debido á curvatura do curso fluvial cara a esquerda, a marxe dereita do río, paralela ao casco urbano, sufría unha erosión máis acentuada polo que se instalou unha liña de escollos para protexela da acción erosiva da auga previo aporte de sedimentos. Esta parte dos traballos foi a máis complicada ao respetarse a vexetación existente e tratar de non danala.
Rehabilitación del río Cúa en Villabuena
Onte mesmo, a Confederación Hidrográfica do Miño – Sil finalizaba, tamén, os traballos de rehabilitación e mellora do uso público do río Cúa ao seu paso por Villabuena. Esta actuación estaba incluída no proxecto de ‘Actuacións de Restauración, Rehabilitación e Uso Público das Marxes dos Ríos da Bacía do Miño – Sil na Comunidade Autónoma de Castela e León’.
A actuación levada a cabo, e cuxa inversión superou os 170.000 euros, consistiu no desbroce selectivo, eliminando o exceso de matorral e respetando os mellores exemplares arbóreos aos que se aplicou unha poda de formación. Todos os residuos foron retirados, separados selectivamente e transportados ao xestor autorizado.
Na zona da praia fluvial, afectada pola erosión, ampliouse a sección da bacía e fortaleceuse o talude con sedimentos do propio río.