20/07/2010
O MARM adxudica a execución das obras do proxecto de acondicionamento das marxes do río Espiñarcao ao seu paso por Abadín (Lugo)
A actuación suporá unha inversión de 213.607,47 euros e deberá executarse en catro meses.
O obxectivo principal dos traballos é restaurar e protexer as marxes do río e fomentar o coñecemento do ecosistema fluvial.
O Boletín Oficial do Estado (B.O.E) publica hoxe o anuncio de adxudicación por parte da Dirección Xeral da Auga do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (MARM), para a execución das obras do proxecto de acondicionamento das marxes do río Espiñarcao ao seu paso por Gotán, no municipio lucense de Abadín.
A actuación foi adxudicada á empresa Protosar Galicia, S.L, suporá unha inversión de 213.607,47 euros e deberá ser executada no prazo de catro meses.
Os obxectivos que se pretenden acadar con esta actuación son:
- favorecer a estabilidade da bacía e protexer as súas marxes contra fenómenos erosivos,
- restaurar os tramos degradados de ambas ribeiras,
- recuperar o bosque e la vexetación de ribeira,
- potenciar a fauna asociada ao río, protexer o seu hábitat e os corredores ecolóxicos,
- acercar a poboación ao río e fomentar o coñecemento do ecosistema fluvial para evitar prácticas que puideran causarlle impactos negativos.
Para logralos levaranse a cabo unha serie de actuacións consistentes en:
- limpezas, desbroces e acondicionamento do río e as súas marxes,
- técnicas de bioenxeñería para protexer as marxes do río,
- acondicionamento de camiños existentes ao lado do río Espiñarcao,
- recuperación do bosque de ribeira,
- mellora ambiental da área de ocio existente mediante plantacións e mobiliario urbano acorde co entorno natural.
A zona sobre a que está previsto actuar comprende unha superficie de 20.063 metros cadrados e está situada en ambas marxes do Espiñarcao, nun tramo de 445 metros de lonxitude, ao seu paso polo núcleo de Gontán.